31 de Julio 2010
¿No está inscrito? >> registro

Oficio de sumiller. O Enoturismo Cando a vitivinicultura e o turismo converxen para o disfrute, o coñecemento e o tempo de ocio falamos de Enoturismo. Galicia é un destino de...
[seguir]
Invítoos a un martini, unha reflexión amable e sinxela da realidade que nos rodea. Xa saben, axitado pero non revolto… Botamos unha ollada ás cousas curiosas que pasan ao noso redor e aderezámolas cunha solitaria oliva, e o resto póñeno vostedes, os lectores. Porque a cada un o martini gústalle á súa maneira.
En todo caso, que lles aproveite!

Nosotros procuraremos estar atentos y traer a cuento las "otras noticias" de ese maremagnum en el que tratamos de alcanzar las orillas de la comunicación a través de la navegación por estos mares hedonistas, vuelos a ras de lo "topo secret", incursiones por las bodegas, las despensas y las cocinas, o de lo que se cocina entre despachos y hasta entre sábanas... apreciaciones; indagad en nuestro pensamiento, opinión, parecer o criterio.., aprovechando que, además, es gratis.
¿Como "DIS" que dices?
Estou realmente preocupada. Estes días pululan pola Rede dúas noticias que me producen, cando menos, certa inquedanza.
Sendo eu como son “moi amante” da cervexa -parafraseando ao gran Warner Purcell, personaxe excepcionalmente interpretado por Jim Broadbent en Balas sobre Broadway, de Woody Allen- non podo menos que revolverme un pouco cando leo que o cambio climático vai empeorar o sabor da cervexa. Ao parecer, o Instituto Hidrometeorolóxico Checo detectou que o aumento das temperaturas nos últimos anos empeorou a calidade do lúpulo Saaz, o responsable do sabor amargo da cervexa tipo pilsner (aínda lembro as pintas de Praga, que marabilla...). Haberá que facer algo, digo eu. ¡Freemos o cambio climático! ¡Agora si!
Perdoen a miña vehemencia pero a unha cústalle renunciar a eses pequenos praceres da vida. Incluso estaría disposta a pagar algo máis pola cervexa, pero que mantivera o seu sabor. Porque saiban -e esa é a outra noticia que me inqueda- que unha asociación de ex alcohólicos propuxo que o Goberno aumente considerablemente os impostos da cervexa para sufragar a axuda de 420 euros aos desempregados que esgotaron o seu subsidio. Ou sexa, que moitos deses parados estarían pagando, coas cervexas que consumen, as súas propias axudas e con esas axudas, as cervexas que consumen. Porque xa se sabe que cando o peto non dá para un combinado ou unha botella de viño, aí está a recurrida cervexa -nunca ben ponderada-. Os cervexeiros, claro, lembran que a prevención do alcoholismo non debe ir por aí senón que se debe asentar noutro tipo de medidas. Ademais, o Goberno asegurou que non vai subir os impostos dos artigos de primeira necesidade...
Bromas á parte, as cousas non están para moitos lucimentos. E iso que, segundo un estudo da axencia TNS Worldpanel, os galegos somos os españois que máis gastamos en alimentación (4.440 euros anuais, ou o que é o mesmo, 337 máis que a media estatal). E é que iso de que en Galicia se come ben non é un conto. Cómese en abundancia e ben. A cifra ten máis significado se temos en conta que as cidades galegas son das máis baratas de España en canto aos prezos da alimentación. Así, Vigo é a terceira cidade española máis económica e Ourense, a novena.
En tempos de crise é normal que as familias miren ata o último euro que gastan e que a comida lixo -habitualmente máis barata- se introduza nos nosos menús. Por iso é preciso fomentar, empregando todas as ferramentas posibles, hábitos de alimentación saudables, sobre todo entre os máis pequenos. Dese parecer son o cardiólogo Valentí Fuster e o cociñeiro Ferrán Adriá, que piden que na escola se ensine como comer para atallar a obesidade infantil, un problema cada vez máis presente na nosa sociedade. A este respecto, o Ministerio de Sanidade asinou un acordo coas principais televisións do país para regular os anuncios sobre alimentación dirixidos aos máis pequenos. Tamén promoverán hábitos de vida saudables Aguas de Mondariz e a Sociedade Española de Nutrición Comunitaria. Aplaudimos a medida.
Xa saben que, cando saen estudos sobre os beneficios dun ou doutro alimento, llelos traslado inmediatamente. Pois saiban que biólogos galegos están a certificar mediante diversos traballos de investigación que moitas especies autóctonas de vexetais teñen efectos anticanceríxenos. As setas, o brécol e os grelos (aínda que xa sabes, Carme, que eu son máis de repolo) son algúns dos produtos que axudan ao corpo a loitar contra o avance desta grave enfermidade.
Non será a panacea universal pero, como ademais están moi bos... Que tal se os acompañamos cun martini?
_[MdM] Boa Alimentación
_[GC] Crónica dun despilfarro cantado_[D]Enrique Pena: "El hecho diferencial de Palexco es el toque singular gallego"_[D] Randal Grahm: "Me quedé prendado de los vinos que caté al visitar Galicia"_[D] Federico Mayor Zaragoza: "Miles de agencias de viajes destacarán la Torre"_[GC] Amados hermanos en la mesa: (Junio)_[D] Pedro Mansilla: "Muchas de las enfermedades que sufren ahora los viñedos están pasando al kiwi"_[MdM] Famosos e gastronomía_[D] Carmen Pardo: "Queremos dar a coñecer o Xacobeo como corazón de Galicia"_[MdM] Innovar para seguir aí_[GC] La innovación como fórmula_Amados irmáns na mesa (junio)_[D] Ester Ordoñez: "O síndrome de despoboamento das colmeas non afecta á calidade do mel"_[D] El presidente de Paradores confía en que el sector turístico se reactive a finales de año_[D] Paco Roncero asegura que la gastronomía de nuestro país se sitúa en la vanguardia mundial_[GC] FOROS, SALONES Y EXPOSICIONES EN FERIA_[D] Luis Vicente Elías dice que es "único en el mundo" que una bodega se promocione a través de la investigación_[MdM] Os malos hábitos alimenticios de Häendel_[D] Samuel Juárez: "Buscaremos una fórmula que alivie la crisis del sector lácteo"_[D] Manuel Reventós: "La calidad empieza por las uvas propias"_[MdM] Só para excéntricos_[MdM] Unhas vacacións diferentes_[D] Ozores y Gadis recuperan la gastronomía tradicional_[GC] El mosquito... ¡Vivo!_[MdM] Unhas vacacións diferentes_[D] Santamaría vuelve a la carga_[MdM] Un hotel dunha soa habitación en París_[D] Los Caminos son un referente nacional_[D] La simpatía y el producto, lo mejor de los restaurantes gallegos_[MdM] O viño atrae a inversores famosos_[D] "El sector turístico debe reinventar los modelos de gestión de la oferta"_[D] Los gallegos se lo tienen que creer_[D] "Bendita presión la de la Estrella Michelin"_[GC] As outras eleccions endóxenas_[GC] Pratos de Segunda Mesa_[MdM] Productos Galegos con Identidade propia_[GC] Amados hermanos en la mesa: (Febrero)_[D] Consecuencias económicas del retraso de Lavacolla_[D] Álvaro Gantes: "Si quieres comer bien, tiene que ser calidad y eso se paga"_[MdM] Maridaxes curiosas_[D] Manciñeiras y el Plan Renove_[D] Igualdad para los tres aeropuertos gallegos_[MdM] O viño máis vello sen barrica de carballo_[D] "Que se consuman productos gallegos"_[MdM] Os mellores resistirán_[D] "O contrato homologable é imparable"_[D] "La cocina gallega dejó de ser anónima, ya tiene muchos nombres"_[D] Vigo, la gran capital de la pesca_El futuro lo decidirá el futuro gobierno gallego_[MdM] A contracorrente_[D] Pyrenair acerca a los gallegos a la nieve de los Pirineos_[D] A Coruña, capital de la Eurorexión Galicia-Norte de Portugal_[GC] 2009, por lo menos a por el empate_[MdM] Máis e mellor formación_[D] Mesquida asegura que no se cargarán los impuestos al sector turístico_[D] Los expertos garantizan el roble español para envejecer los vinos_[D] Las agencias de viajes podrían exigir compensaciones económicas de sus proveedores_[MdM] Nadal... a comer!_[D] Bertrand Sourdais: "si invirtiese en el sector vitivinícola gallego lo haría en la Ribeira Sacra"_[GC] NADAL E CONSUMO_[D] El turismo precisa del apoyo de los gobiernos_[MdM] Comer nos tempos da... crise_[D] El Marqués de Griñón asegura que "Galicia, con sus vinos, vive una historia de éxito"_[GC] ¿A qué viene tanto papanatismo?_[D] Que el Gobierno frene el absentismo_[D] En la cocina española no hay "guerras"_[MdM] Merenda ou drunch_[D] "El sector hostelero es maduro y está muy atomizado"_[MdM] A voltas co cambio climático_[GC] Clandestinos_[D] "Ourense, la gran oportunidad"_[GC] Galicia Calidade_[D] "Los amantes de los habanos"_[GC] Santamaría dispara de nuevo_[GC] A Coruña como exemplo_[D] "Hay agencias de viajes que no se están adaptando tan mal a la nueva situación"_[MdM] Investigación en nutrición_[GC] Idiazábal, el queso bien dado_[GC] Desde Rusia...con impresión. Crónica viajera_[GC] Vieiras, fondo e forma_[GC] septiembre y así andamos_[GC] Amados hermanos en la mesa: (Agosto)_Valor, precio, aprecio, lujo y calidad, por José Posada_[GC] Mencías_[GC] Cocina experiemental, cocina experimentada_[GC] Trigo enolóxico